PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

Contamos o teu evento

Somos profesionais do audiovisual. Axudámosche a dar a coñecer o que preparas, contar o que acontece e aproveitar o que queda.

Ver packs e tarifas →

Básico, Avanzado e Premium. Tres puntos de partida para o teu proxecto.

01

Reels e stories

Vídeos verticais para redes sociais: idea, gravación, montaxe e subtítulos. Pezas listas para compartir.

02

Cobertura de eventos

O ambiente, as persoas e os momentos que importan. Gravación e vídeo resumo de feiras, festas, encontros e actividades.

03

Entrevistas e podcast

Conversas cos protagonistas, entrevistas e podcast gravados no propio evento, co formato e os medios que precise cada proxecto.

04

Antes, durante e despois

Presentación previa, contidos durante a celebración e un resumo para seguir contando o vivido. Campañas e adaptacións para as túas redes.

Unha proposta á túa medida

Calculamos o orzamento segundo as horas de gravación, o lugar e as pezas que necesites. A produción e a difusión preséntanse por separado.

Cóntanos que organizas, onde, cando e para que canles necesitas os vídeos. Prepararemos unha proposta de formatos e tarifas.

redes@deeiqui.com

A publicación na axenda segue un criterio editorial. Os servizos audiovisuais contrátanse por separado e as coberturas contratadas identifícanse como tales.