INFORMACIÓN LEGAL

Privacidade.

Deeiquí pode consultarse sen crear unha conta. Eiquí explicamos que datos poden tratarse, para que e como exercer os teus dereitos.

Responsable do tratamento

Responsable
Luis Angel Caldevilla Santos
NIF
32655785V
Domicilio profesional
Avenida Marqués de Figueroa, 87-89, entrechán D
15500 Fene, A Coruña
Contacto
redes@deeiqui.com

Propostas de eventos

Se envías unha proposta, tratamos o teu nome, entidade, teléfono, correo e a información e imaxe que achegues para revisar a convocatoria e contactar contigo se precisamos contrastar ou completar datos. A base é o consentimento específico que prestas ao enviar. Non empregamos estes contactos para publicidade nin os incorporamos ao catálogo público.

O equipo editorial e os provedores de aloxamento que prestan o servizo poden acceder na medida necesaria. Os contactos e o cartel achegado elimínanse da recepción privada aos 180 días; unha ficha e os materiais seleccionados para publicación seguen o arquivo editorial. Podes retirar o consentimento ou solicitar acceso, rectificación e supresión escribindo a redes@deeiqui.com, indicando a referencia do envío. A retirada non afecta ao tratamento anterior.

Para protexer o formulario gardamos temporalmente unha cookie técnica de seguridade, códigos de comprobación e pegadas do enderezo de conexión e do contacto. Os contadores de abuso caducan en 24 horas e a cookie en dúas horas. Non utilizamos un servizo externo de captcha nin enviamos o contido do formulario á analítica. A protección fronte a abusos baséase no interese lexítimo en manter seguro o servizo.

Datos que tratamos

Consultar Deeiquí non require unha conta. Os plans compartidos ofrecen unha conta opcional, descrita máis abaixo. Podemos tratar os datos que inclúas voluntariamente nun correo e os rexistros técnicos mínimos xerados ao acceder á web, como enderezo IP, data, hora, recurso solicitado e información do navegador, cando o provedor os necesite para prestar e protexer o servizo.

Preferencias gardadas no dispositivo

«Gardar» conserva só no dispositivo o identificador do plan e a túa selección. Non enviamos esa lista ao servidor nin se comparte. Se aceptas a analítica, contabilízase de forma agregada a pulsación, sen transmitir que plans gardaches. Podes eliminala desmarcando a opción ou borrando os datos locais.

Personalización local da portada

A portada pode aprender das categorías que consultas e dos plans que gardas, con conta ou sen ela. Os intereses escollidos e os contadores por categoría e día quedan só neste navegador ou instalación da app; non se envían ao servidor nin se sincronizan coa conta. Non se garda o texto das buscas. Úsanse os últimos 42 días de hábitos e retíranse os anteriores ao volver abrir a aplicación. As categorías escollidas por ti consérvanse ata que as cambies ou borres.

En Os meus intereses podes escoller categorías, desactivar a aprendizaxe, borrar o aprendido ou borrar todo e desactivar a personalización. Todos os plans do día seguen accesibles. Borrar os datos do navegador ou da app pode eliminar estas preferencias.

Reconto agregado de asistencia

Ao marcar «Vou», o dispositivo envía o identificador do evento, a elección e un identificador aleatorio da instalación. O servidor conserva só unha pegada distinta para ese evento, sen nome, contacto, localización nin lista de amizades. Serve para contar unha vez cada instalación, sumar web e app e permitir retirar a elección. A cifra só se amosa cando hai polo menos tres persoas.

O contador público non mostra identidades. O tratamento técnico é pseudónimo: usa unha pegada por evento e poden existir rexistros técnicos do aloxamento. Non confirma unha reserva nin avisa á organización. As eleccións de distintos dispositivos non poden unificarse sen unha conta.

Finalidades e bases xurídicas

A personalización da portada pode aprender das categorías que consultas ou gardas neste dispositivo. A selección explícita ten prioridade. As categorías e as preferencias quedan no dispositivo: non gardamos o texto das buscas neste perfil nin o enviamos ao servidor ou o sincronizamos coa conta. En «Os meus intereses» podes desactivar a personalización e a aprendizaxe, ou borrar estes datos.

Conservación

As seleccións locais permanecen ata que as retires ou borres os datos do dispositivo. As métricas agregadas consérvanse para comparar períodos; os identificadores de sesión da analítica caducan aos 31 días. As pegadas do contador consérvanse só mentres resultan necesarias para manter a cifra do evento. As comunicacións e os rexistros técnicos mantéñense durante o prazo necesario para atendelas, protexer o servizo e cumprir as obrigas aplicables.

Destinatarios

Poden acceder aos datos os provedores que prestan os servizos de aloxamento e correo electrónico, como encargados do tratamento e só na medida necesaria. A analítica é propia de Deeiquí: non se envía a Google, Meta nin outras plataformas publicitarias. Tamén poderán comunicarse datos ás autoridades cando exista unha obriga legal. Non se venden datos persoais.

Ubicación

Se escolles buscar preto de ti, o navegador pedirá permiso. O cálculo realízase no dispositivo e a posición non se envía a Deeiquí nin se conserva nos seus servidores.

Analítica, cookies e contidos externos

A analítica só se activa se pulsas «Aceptar analítica». Rexistra páxinas e seccións visitadas, interaccións agregadas, profundidade de desprazamento e duración aproximada da sesión. Non recolle posición, consultas escritas, enderezos externos, nome, correo, teléfono nin identificadores publicitarios. A elección, a data e a versión do aviso gárdanse no navegador. Podes retirala en «Preferencias de privacidade», ao pé de cada páxina: detense a medición e elimínase o identificador de sesión local, sen borrar os favoritos. A retirada non afecta á licitude do tratamento anterior.

Algúns contidos ou ligazóns de terceiros quedan suxeitos ás políticas do servizo de destino. O reprodutor de YouTube con privacidade mellorada só se carga cando decides abrilo.

Aplicación móbil de Deeiquí

A aplicación pode consultarse sen crear unha conta. Os favoritos e as preferencias locais gárdanse no dispositivo. A localización é opcional e as distancias calcúlanse no teléfono; non se envía a posición GPS a Deeiquí nin se garda un historial de movementos. Nas fichas, o mapa mostra o destino da actividade sen pedir localización. A distancia persoal só aparece con permiso e unha posición recente.

En iOS os mapas integrados usan Apple Maps. Desde Android 1.0.5 usan OpenStreetMap: ao descargar as imaxes do mapa, o provedor recibe o enderezo IP, datos técnicos da solicitude e a zona do mapa consultada. Nun mapa de proximidade esa zona pode estar preto da túa posición se autorizaches a localización. Non enviamos as coordenadas GPS exactas como parámetros; as distancias seguen calculándose no teléfono. As versións Android anteriores empregan Google Maps, que pode recibir IP, metadatos do dispositivo, un identificador seudónimo do SDK, diagnósticos e interaccións co mapa. Consulta a privacidade de OpenStreetMap ↗, a privacidade de Google ↗ e a privacidade de Apple ↗.

Notificacións voluntarias

Se activas as notificacións, recibimos un identificador técnico de Expo, os concellos e os tipos de avisos que escolliches e a data de actualización. As novidades de plans e os avisos municipais escóllense por separado. Conservamos os identificadores de plans xa coñecidos para evitar repeticións; os resumos pódense consultar durante sete días e depúranse nos seguintes ciclos de mantemento. Non se importa o perfil de intereses nin o historial de consultas. Estes datos asócianse á instalación. Expo e Apple ou Google interveñen na entrega. Podes retirar a subscrición desmarcando todas as opcións e gardando en «Notificacións»; elimínase a subscrición do servidor. Tamén se depuran as subscricións sen renovar durante máis de 90 días. As versións anteriores poden conservar preferencias antigas de tráfico; a versión actual retíraas.

Indicar que vas a un evento

Ao abrir unha ficha, a app consulta o reconto sen crear nin enviar un identificador de instalación. Só ao pulsar «Vou» envía o evento, a elección e un identificador aleatorio da instalación. Se ese envío falla, a elección solicitada queda pendente e vólvese intentar ao abrir o mesmo plan. O servidor utiliza unha pegada dese identificador por evento para evitar duplicados e mostrar un reconto agregado cando hai polo menos tres participantes. Non publica a identidade de ninguén. Podes retirar a túa elección pulsando de novo; os rexistros de eventos que deixan de estar publicados depúranse ao tramitar novas solicitudes.

Analítica e servizos técnicos

Con permiso, na web e nas apps contamos por ficha os gardados, as solicitudes de compartir, as marcas «Vou» e os clics de reserva ou compra. Estes recontos separados non inclúen o identificador da instalación ou da sesión, destinatarios nin ligazóns de reserva. Conservamos os totais privados por día, plan e plataforma ata un ano. Podes retirar o permiso nos axustes de privacidade.

A pantalla «Privacidade e analítica» da app indica se a medición está dispoñible e permite consultar e cambiar a túa decisión. Cando non está configurada, non se envían eventos de analítica nin se pide consentimento para activala. Cando está dispoñible, require consentimento previo: podes rexeitala ou retiralo nesa pantalla sen perder o acceso á axenda. A retirada detén a medición e borra a identidade e a cola locais. A elección conserva a data e a versión do aviso. A cola está limitada a 1.000 eventos e depúrase ao inicializar a analítica, retirando os de máis de 14 días. As consultas do catálogo poden xerar rexistros técnicos no aloxamento. As versións actuais teñen desactivadas as actualizacións remotas do código: os novos contidos chegan polo catálogo propio e os cambios da aplicación distribúense nas tendas. Expo e Apple ou Google participan na entrega dos avisos que solicites, como se explica máis arriba. Non usamos identificadores publicitarios nin cruzamos os teus datos con outras apps para publicidade.

Vídeos e ligazóns externas

Nas novas versións da app, os vídeos e tráileres ábrense nun reprodutor de YouTube integrado con privacidade mellorada cando decides reproducilos. Google recibe o enderezo IP, información do dispositivo e do navegador, identificadores técnicos, actividade de reprodución e datos de diagnóstico segundo a súa política. Pode estimar unha zona aproximada a partir do IP; isto non significa que Deeiquí lle envíe a posición GPS. Neste modo pode mostrar anuncios non personalizados. A aceptación de YouTube gárdase neste dispositivo para os seguintes vídeos; podes retirala en «Privacidade». O reprodutor non se carga antes da primeira aceptación. Pechar o visor detén a reprodución. Este tratamento é independente da analítica propia de Deeiquí. A privacidade mellorada aplícase ao vídeo incrustado. Se segues unha ligazón do reprodutor cara a outra páxina, pode aplicar as súas propias cookies e políticas, incluído seguimento; non queda cuberta por esa modalidade.

As miniaturas poden descargarse desde i.ytimg.com antes de abrir o vídeo; esa solicitude transmite o enderezo IP e datos técnicos necesarios para servir a imaxe. As versións anteriores da app poden abrir YouTube ou o navegador externo. Deeiquí usa os servizos do reprodutor de YouTube. Ao usar esta función aceptas as condicións de YouTube ↗. O tratamento dos datos polo provedor réxese tamén pola política de privacidade de Google ↗. Consulta a información sobre a privacidade mellorada de YouTube ↗ e a política de Expo ↗.

Servizos internacionais

Expo e os servizos de Google poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo, incluídos os Estados Unidos. Expo declara na súa política de privacidade a súa adhesión ao Marco de Privacidade de Datos UE-EUA e o uso de cláusulas contractuais tipo cando corresponda. Google describe as súas garantías na información sobre transferencias de datos. Podes pedir información sobre as garantías aplicables ao tratamento de Deeiquí no correo de contacto.

Conta opcional e plans compartidos

Os grupos desta primeira versión son para maiores de 18 anos. A axenda continúa dispoñible sen conta. Para participar solicitas un código ao teu correo, escolles un nome visible e aceptas as normas. Ao verificar o código podes crear ou cambiar un contrasinal opcional para acceder sen pedir outro código; o provedor de autenticación protéxeo e non se mostra aos membros. Gardamos o correo verificado, o identificador da conta, o nome, a versión das normas aceptadas e a data da declaración de maioría de idade. Non pedimos data de nacemento nin documento de identidade.

Gardamos os grupos, invitacións, solicitudes, respostas e bloqueos necesarios para organizar o plan. A persoa organizadora ve o nome da solicitude; os membros admitidos ven os nomes e respostas dentro dese grupo. O correo non se mostra. Non importamos contactos, non facemos públicos os gardados locais e non creamos unha lista de amizades.

Finalidades e bases

Tratamos os datos da conta para prestar a función que solicitas e cumprir as súas normas. Os controis de acceso, límites e revisión de abusos protexen as persoas participantes e a seguridade do servizo. A base é a execución da relación de servizo e, para a prevención de abusos, o interese lexítimo en manter un entorno seguro. Esta función non activa a analítica opcional nin se utiliza para publicidade ou seguimento entre aplicacións.

Provedores

Empregamos Supabase para verificar o acceso e gardar os datos dos grupos. A base de datos está na rexión de Irlanda (eu-west-1); isto non significa que todos os servizos auxiliares ou accesos de soporte estean limitados á Unión Europea. Supabase describe os seus encargados e garantías para transferencias internacionais na súa información de tratamento de datos e na información sobre localización e transferencias. VisualTec presta o aloxamento web e o envío dos códigos por correo. Estes provedores reciben os datos técnicos necesarios para prestar eses servizos, incluído o destinatario no envío do correo.

Conservación e seguridade

A conta consérvase mentres a mantés aberta, aínda que non participes nun grupo; podes eliminala en calquera momento. Os grupos e respostas caducan como máximo 30 días despois do evento; as solicitudes pendentes aos 30 días. As denuncias inclúen motivo, persoa e nome denunciados, grupo e estado de revisión; só as consulta o equipo autorizado e elimínanse como máximo aos 90 días. Non publicamos as denuncias.

O código de acceso caduca aos 10 minutos. Na web usamos cookies necesarias de sesión, protexidas contra lectura por JavaScript; a cookie de renovación dura como máximo sete días. Na app a credencial de renovación queda no almacén seguro do sistema. Os límites contra abuso usan pegadas protexidas do correo, conta ou IP, que se depuran tras caducar; non se empregan para publicidade. Os servizos de aloxamento e autenticación poden manter rexistros técnicos segundo as súas condicións. O borrado da conta retira os datos activos; non implica unha eliminación instantánea dos rexistros técnicos ou copias suxeitos aos prazos do provedor.

Podes eliminar a conta e os datos asociados na web sen reinstalar a app, ou desde a propia aplicación. Elimínanse o perfil, grupos organizados, participacións, bloqueos e denuncias vinculadas. Os gardados locais consérvanse no dispositivo. Se non podes acceder ao correo, contacta con redes@deeiqui.com para tramitar o exercicio dos teus dereitos verificando a titularidade. Consulta tamén as normas de participación.

Os teus dereitos

Podes solicitar acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade, así como retirar o consentimento cando esa sexa a base do tratamento. Escribe a redes@deeiqui.com. Se consideras que o tratamento non respecta a normativa, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos ↗.

Cambios nesta política

Actualizaremos esta información se cambian os servizos, os datos tratados ou os provedores relevantes.

Última actualización: 12 de outubro de 2026.