TI POS O EVENTO. NÓS CONTÁMOLO.

Tres xeitos de contar
a túa historia.

Do primeiro reel a unha produción multicámara. Escolle o teu punto de partida.

Prezos orientativos desde · IVA non incluído

UN MOMENTO QUE CONTA

Básico

Desde350 €

Un reel para contar o esencial.

  • 1 cámara e 1 profesional audiovisual
  • Ata 2 h de gravación nun recinto
  • 1 reel vertical de 30-60 segundos
  • Edición, música e subtítulos
  • Unha rolda de revisión
Quero o Básico ↗

A HISTORIA DO TEU EVENTO

Avanzado

Desde750 €

Cobertura e resumo para revivir o encontro.

  • 1 cámara e 1 profesional audiovisual
  • Ata 4 h de gravación nun recinto
  • Resumo de 2-3 min e 1 reel de ata 45 s
  • Edición, música e subtítulos
  • Unha rolda de revisión
Quero o Avanzado ↗

UNHA PRODUCIÓN COMPLETA

Premium

Desde2.900 €

Podcast multicámara, voces e historias.

  • 4 cámaras, 4 micrófonos e iluminación
  • 2 técnicos, xornalista e maquillaxe
  • Ata 8 h no recinto, montaxe incluída
  • Podcast de ata 45 min, resumo e 3 reels
  • Preparación, edición e unha revisión
Falemos do Premium ↗

Cada botón abre unha solicitude no teu correo; non contrata nin envía nada automaticamente.

O alcance, por escrito.

Básico e Avanzado

Unha cámara con estabilizador, un micrófono sen fíos e un foco LED, operados por un profesional audiovisual. Preparación breve, edición, cor, son, música de libraría e subtítulos nun idioma. Entrega en 1080p. No Avanzado, o reel sae da mesma cobertura.

O equipo do Premium

Catro cámaras: unha operada e tres en planos fixos. Catro micrófonos individuais con gravación multipista e tres focos LED. Dous profesionais técnicos: un responsable de cámara e realización, e un técnico de son. A montaxe multicámara faise en posprodución. Un xornalista para preparar e conducir a conversa e unha persoa de maquillaxe para a preparación dos participantes.

Unha sesión, todas as pezas

Premium para un recinto e ata catro participantes, incluído o presentador. Ata 8 h no recinto entre montaxe, probas, gravación e desmontaxe. Entrega dun podcast de ata 45 min, un resumo de 2-3 min e tres reels de ata 45 s. A cobertura de ambiente faise antes ou despois do podcast, sen un equipo simultáneo adicional. Escenografía, emisión en directo e cachés de convidados por separado.

Confirmamos equipo, data, lugar e entregables nun orzamento. O Premium é unha produción con profesionais e medios específicos; o prezo final depende do formato e das necesidades do evento.

Base local ata 30 km por estrada desde Fene. Viaxes adicionais, permisos especiais, extras e difusión orzaméntanse por separado. Sen audiencia nin resultados garantidos.

Inclúese unha rolda de cambios agrupados. Prazos de entrega e condicións de pagamento acórdanse antes de gravar.