Dálle sitio
ao teu evento.
Destaca na portada de Deeiquí e asegura unha aparición no carrusel do día do teu evento en Instagram e Facebook.
Desde 30,25 € co IVE incluído.
Calcula a túa campaña ↗Ti pos o evento. Nós dámoslle un lugar.
Onde se verá?
Na portada
Na web e na app, dentro do espazo de destacados. Ata tres eventos comparten a rotación, sen exclusividade nin primeira posición permanente. Ao premer, ábrese a ficha do evento.
A publicidade tamén pode aparecer dentro do catálogo seleccionado, sempre que o evento cumpra a categoría, a data e o concello escollidos.
No carrusel do día
Unha ficha identificada como patrocinada no carrusel de Instagram e outra na publicación de Facebook correspondentes ao día do evento, publicadas a véspera. Os patrocinios teñen a súa praza reservada antes da selección editorial.
Se o evento é o venres, aparece na edición do venres que publicamos o xoves. Non aparecerá nos carruseis de días anteriores.
Publicidade identificada. Sen historias comprometidas, notificacións nin visitas, clics ou asistentes garantidos.
Unha oferta.
Ti escolles os días.
25 € + IVE inclúen o primeiro día destacado, a adaptación do cartel que achegues e unha inclusión no carrusel do día do evento en ambas redes.
Cada día adicional custa 4 € + IVE e amplía só a presenza destacada en portada. Non engade aparicións nos carruseis doutros días.
Crear un cartel desde cero: 20 € + IVE adicionais, cunha proposta e unha rolda de correccións. Os nosos erros corríxense sen consumir esa rolda.
1 día25 € + IVE30,25 € total
3 días33 € + IVE39,93 € total
7 días49 € + IVE59,29 € total
Propoñer un evento é gratuíto e está suxeito a revisión editorial. Se precisas gravación ou vídeo, consulta os nosos servizos audiovisuais.
Antes de comezar
- Revisamos a proposta, os datos, o cartel e as datas. A publicidade non substitúe a revisión editorial.
- Confirmamos por escrito o prezo total, o inicio e o final, as superficies dispoñibles e a edición do carrusel. Acordamos unha única edición do carrusel; para eventos de varios días escollemos unha data real da súa programación. O período contratado debe incluír esa data. Os materiais e o acordo deben estar pechados antes da preparación da edición, ás 20:30 da véspera.
- Tras o acordo e o cobro comprobado, preparamos o material para a túa aprobación. O período comeza coa activación real: cada día son 24 horas, sen renovación automática.
Se non podemos cumprir unha parte, propoñemos reprogramala ou devolver o importe correspondente. Se se cancela o evento, retiramos a promoción e devolvemos os días completos pendentes; o traballo xa realizado mantén o seu custo.
Tarifas de lanzamento. Contacto: redes@deeiqui.com. Privacidade.