Deeiquí

Plans con amigos

Normas de participación · 9 de outubro de 2026

Idade mínima

Os grupos privados desta primeira versión están reservados a persoas de 18 anos ou máis. Confírmao antes de solicitar unha conta. Non pedimos a data de nacemento nin unha copia do documento de identidade. A consulta da axenda sen conta continúa dispoñible.

Ti escolles con quen compartes

Consultar a axenda, gardar no dispositivo e compartir unha ficha non require conta. Para participar nun grupo verificas o teu correo e escolles un nome visible. A persoa organizadora ve a túa solicitude; unha vez admitido, os membros ven o teu nome e a túa resposta. O correo queda privado. Unha invitación reenviada non revela os participantes.

Non importamos os teus contactos nin publicamos os gardados ou o «Vou» anterior. Coincidir nun grupo non crea unha amizade nin dá acceso a outros plans. Non hai chat, fotografías de perfil nin publicacións libres nesta primeira versión.

Respecto e protección

Non se permiten acoso, ameazas, discriminación, suplantación, nomes ofensivos, explotación ou abuso sexual de menores, nin actividades ilegais. As normas aplícanse tamén aos nomes visibles. Antes de participar debes aceptalas.

En cada participante tes «Denunciar» para comunicar un abuso de forma privada ao equipo de Deeiquí. Escolle o motivo e conserva a referencia que recibes. Podes bloquear a esa persoa: retirámola dos grupos que organizas e saes dos demais grupos que compartides. O bloqueo impide coincidir en novos grupos. Desbloquear non recupera participacións anteriores.

Revisamos as denuncias e podemos suspender a participación das contas que incumpran as normas. Unha conta restrinxida conserva a opción de solicitar o borrado. Para unha incidencia de seguridade, unha reclamación ou unha revisión da decisión, contacta con redes@deeiqui.com. Ante perigo inmediato chama ao 112.

Datos e borrado

A conta usa correo verificado, identificador interno e nome visible. Gardamos os grupos, solicitudes, respostas e bloqueos necesarios para prestar esta función. As denuncias inclúen a persoa denunciada, o nome comunicado, o grupo, o motivo e o estado de revisión; só as consulta o equipo autorizado. A analítica opcional segue separada.

Os grupos caducan como máximo 30 días despois do evento. As invitacións rematan ao comezar ou finalizar a cita segundo o horario confirmado, cun máximo de 30 días; as solicitudes pendentes caducan aos 30 días. As denuncias elimínanse como máximo aos 90 días. Podes retirar unha participación ou pechar os grupos que organizas.

Eliminar a conta e os datos asociados está dispoñible na web e na app. O borrado elimina o perfil, as participacións, os bloqueos, as denuncias vinculadas e os grupos que organizas. Os gardados locais consérvanse no teu dispositivo. Consulta na política de privacidade o responsable e a información aplicable sobre provedores, conservación e dereitos.

Volver aos meus grupos · Consultar sen conta