Obradoiros · Pontedeume
Escola de Igualdade: educación afectivo-sexual
2 de novembro
Curso gratuíto de educación afectivo-sexual para a prevención da violencia de xénero, do 2 ao 23 de novembro de 2026. En diferido a través dunha aula virtual, ao propio ritmo e desde a casa. Dirixida ao profesorado e ás familias do CEIP Plurilingüe de Andrade. Imparte Lúa Vila Blanco, promotora de igualdade de xénero da Asociación EuroEume. Organiza a ANPA do CEIP Plurilingüe de Andrade e colabora EuroEume. Inscrición a través do formulario en liña da ANPA; máis información en anpadeandrade@gmail.com e igualdade@euroeume.org.
Onde: En liña · Aula Virtual
Dirixida ao profesorado e ás familias do CEIP Plurilingüe de Andrade.
Programa
Non quedan sesións vixentes nesta ficha. Consulta a axenda para atopar novos plans.
Organiza o teu plan
Entradas: Entrada gratuíta: 0,00 €
Comprobado o 26 de outubro · Consultar a fonte ↗


