Festas e verbenas · Ortigueira
Xanelas do Nadal
1 de decembro
O Concello de Ortigueira convoca a nova edición das Xanelas do Nadal, unha iniciativa para fomentar a convivencia veciñal nas semanas previas ao Nadal. Os participantes decorarán e iluminarán unha xanela da súa casa, inaugurándoa nun día escollido para compartir un petisco e unha bebida cos veciños. A actividade desenvolverase en todas as parroquias que desexen participar, utilizando os centros sociais como punto de reunión. As xanelas iránse iluminando por números ata completar o calendario de adviento, desde o 1 de decembro ata a Noiteboa. Inscripcións obrigatorias ata o venres 27 de novembro, de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas na Oficina de Turismo ou chamando ao 981 422 089.
Onde: Parroquias de Ortigueira (centros sociais e vivendas participantes)
Próxima cita: martes, 1 de decembro · hora por confirmar
Programa
Xanelas do Nadal
Organiza o teu plan
Comprobado o 5 de novembro · Consultar a fonte ↗


