
MAÑÓN · RUTA OFICIAL
PR-G 8 · Morgallón – Río Sor – Morgallón
Pequeno percorrido
- 9,3 km
- Percorrido oficial
- 3 h
- Aproximadamente
- Baixa
- Dificultade
A RUTA
O percorrido
Este sendeiro destaca pola beleza das ribeiras do río Sor. Iníciase despois de pasar o núcleo do Morgallón, no cruzamento dunha grande explanada. Segue por unha estrada local ata a ponte que cruza o río en Monte de Insua de Baixo. Desde aquí diríxese, dirección río arriba, a Ponte Ulló. Unha central eléctrica xa abandonada, unha antiga cadeira de ferro que grazas a unha polea permitía atravesar o río e un fermoso muíño son algúns dos elementos que acompañan a ruta. A presa de Ponte Ulló constitúe unha importante reserva piscícola. Despois de cruzar o istmo que separa os dous tramos do río, cóllese a pista de regreso que acompaña o curso do auga encaixada entre verticais ladeiras. Ao chegar outra vez a Monte de Insua e despois de cruzar a ponte, un sendeiro pola marxe dereita do río conduce ata outra "telecadeira".
DATOS PRÁCTICOS
O que convén saber
- Percorrido oficial de 9,3 km. e duración orientativa de 3 horas..
- Dificultade indicada pola fonte: Baixa.
- Leva calzado axeitado e comproba a meteoroloxía e o estado do sendeiro o mesmo día.
Fontes e créditos
Información contrastada con fontes oficiais. Os visuais editoriais do trazado non substitúen a sinalización sobre o terreo.
Rexistro oficial de sendeiros · Turismo de Galicia ↗
Visual: Deeiquí · Visual editorial determinista ↗
Representación gráfica do trazado KML oficial; non é unha fotografía nin substitúe a sinalización sobre o terreo.
