
MAÑÓN · RUTA OFICIAL
PR-G 212 · Ponte do Porto – Ponte Ulló
Pequeno percorrido
- 6,4 km
- Percorrido oficial
- 1 h 45 min
- Aproximadamente
- Baixa
- Dificultade
A RUTA
O percorrido
A senda transcorre entre a frondosa vexetación da beira esquerda do río Sor. No seu discorrer, o Sor recolle as augas de multitude de pequenos afluentes, creando unha fonda conca de meandros encaixados entre ladeiras moi verticais. A súa auga, limpa e transparente, é de primeira calidade para a pesca deportiva. A Ponte do Porto é un antigo e exquisito viaduto que sorprende pola súa envergadura e a súa fermosa factura de cantería con arcos de medio punto. De orixe medieval, servía para que o Camiño Real puidese sortear o río Sor. Era a vía de comunicación entre as vilas de Viveiro e Ortigueira, pertencentes cada unha delas, respectivamente, ás antigas provincias de Mondoñedo e Betanzos. Durante o roteiro, tamén poderemos gozar das áreas recreativas de Ponche Ulló e da Furada, onde existen coidados refuxios para gorecerse. Nas proximidades da Furada, unha ponte colgante permite acceder á outra beira. RECOMENDACIÓNS Precaución con nenos.
DATOS PRÁCTICOS
O que convén saber
- Percorrido oficial de 6,4 km. e duración orientativa de 1 hora e 45 minutos..
- Dificultade indicada pola fonte: Baixa.
- Leva calzado axeitado e comproba a meteoroloxía e o estado do sendeiro o mesmo día.
Fontes e créditos
Información contrastada con fontes oficiais. Os visuais editoriais do trazado non substitúen a sinalización sobre o terreo.
Rexistro oficial de sendeiros · Turismo de Galicia ↗
Visual: Deeiquí · Visual editorial determinista ↗
Representación gráfica do trazado KML oficial; non é unha fotografía nin substitúe a sinalización sobre o terreo.
