
MAÑÓN · RUTA OFICIAL
PR-G 204 · Ribeira do Bispo – Miradoiro de Augas Caídas
Pequeno percorrido
- 12 km
- Percorrido oficial
- 4 h
- Aproximadamente
- Media - Baixa
- Dificultade
A RUTA
O percorrido
Trazado paralelo ao río Sor. A contorna é un bosque de ribeira atlántico de frondosa vexetación onde predominan bidueiros, amieiros, loureiros, castiñeiros e carballos, así como diferentes especies de fentos. Protexido por unha feraz natureza, o Sor pode presumir de ser rico en peixes, cuns 16 quilómetros acoutados para a pesca deportiva. No traxecto atoparemos ata cinco refuxios para pescadores, construídos sobre antigos muíños en bo estado de conservación. Desde o miradoiro de Augas Caídas e o refuxio de O Couce, a senda descende vertixinosamente ata o río e logo ascende lentamente en dirección ao refuxio de Salustio. Este tramo, duns tres quilómetros, é o máis natural e escarpado do roteiro, polo que é importante levar bo calzado e camiñar con precaución. O resto do carreiro é máis suave e permite ser percorrido mesmo en bicicleta. Na área recreativa de Ponte Segade, atopamos o complexo de lecer máis completo de todo o itinerario. Dispón de numerosas mesas e dunhas cantas grellas para cociñar. Conta tamén con servizo de hostalería, parque infantil, praia fluvial e instalacións para os bañistas, con servizos hixiénicos e duchas. RECOMENDACIÓNS Precaución no tramo de Augas Caídas a Fonte Cubelas, especialmente con nenos.
DATOS PRÁCTICOS
O que convén saber
- Percorrido oficial de 12 km. e duración orientativa de 4 horas.
- Dificultade indicada pola fonte: Media - Baixa.
- Leva calzado axeitado e comproba a meteoroloxía e o estado do sendeiro o mesmo día.
Fontes e créditos
Información contrastada con fontes oficiais. Os visuais editoriais do trazado non substitúen a sinalización sobre o terreo.
Rexistro oficial de sendeiros · Turismo de Galicia ↗
Visual: Deeiquí · Visual editorial determinista ↗
Representación gráfica do trazado KML oficial; non é unha fotografía nin substitúe a sinalización sobre o terreo.
