Representación do trazado oficial de PR-G 147 · Sendeiro das Fragas da Ribeira e do Lostegal

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ · RUTA OFICIAL

PR-G 147 · Sendeiro das Fragas da Ribeira e do Lostegal

Pequeno percorrido

19 km
Percorrido oficial
6 h 30 min
Aproximadamente
Media - Alta
Dificultade

A RUTA

O percorrido

Itinerario circular de percorrido esixente que conta con desniveis pronunciados e unha lonxitude de 19 km, polo que é máis adecuado para un sendeirista habitual que conte cun nivel mínimo de destreza, especialmente en inverno. Pode percorrerse en calquera sentido, pero se comezamos en sentido contrario ás agullas do reloxo afrontaremos a máxima pendente ao inicio e con plenitude de forzas. Comezando no Parque da Fraga subiremos ata o monte Alto da Carballeira (667 m) dende onde divisaremos unha magnífica paisaxe da vila e do recentemente formado lago das Pontes. Fraga da Ribeira No descenso a verea penetra na Fraga do Lostegal e unha densa mata de carballos, acevos e loureiros acompañaranos ata o encoro. Dende aquí, a paisaxe silenciosa alcanza o seu apoxeo xunto ás ruínas inundadas do lugar de Chao do Habanero. Despois atravesaremos a exuberante natureza da Fraga da Ribeira, con húmidos recunchos plenos de verdor todo o ano. Resaltar que a seguridade do sendeiro varía segundo a época do ano e das condicións meteorolóxicas. Co chan mollado as superficies de roca son moi escorregadizas sendo necesario extremar as precaucións.

DATOS PRÁCTICOS

O que convén saber

  1. Percorrido oficial de 19 km. e duración orientativa de 6 horas e media..
  2. Dificultade indicada pola fonte: Media - Alta.
  3. Leva calzado axeitado e comproba a meteoroloxía e o estado do sendeiro o mesmo día.
Fontes e créditos

Información contrastada con fontes oficiais. Os visuais editoriais do trazado non substitúen a sinalización sobre o terreo.

Rexistro oficial de sendeiros · Turismo de Galicia ↗

Visual: Deeiquí · Visual editorial determinista ↗
Representación gráfica do trazado KML oficial; non é unha fotografía nin substitúe a sinalización sobre o terreo.